Procedemento para a recollida de mostras de urina elemental

0 comentarios comentarios

Procedemento para a recollida de mostras de urina elemental

.

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  4. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  5. Se o paciente non colabora, a recollida pode facerse mediante sondaxe intermitente
  6. Se o paciente colabora, explícaselle como debe realizar a recollida da mostra mediante micción espontánea.
Aínda que clasicamente se insistiu na importancia de realizar unha limpeza exhaustiva dos xenitais externos antes de recollida de urina, demostrouse que en mulleres, con ou sen síntomas de infección urinaria, este lavado non diminúe a contaminación da mostra. Tamén comprobou que a limpeza dos xenitais masculinos non mellora a detección de bacteriuria.
Por iso, as instrucións para os pacientes son:
 
Técnica na muller
  • Lavar ben as mans con auga e xabón, secar con toalla desbotable.
  • Manter os labios maiores separados mentres comeza a micción. Desbotar a primeira parte da micción (urina uretral, 20 ou 25 cc), e recoller a micción media sen interromper o fluxo da urina, colocando o recipiente de xeito adecuado para a recollida da mostra (bote clinicamente limpo). A recollida de urina por micción media debe evitarse durante a menstruación.
  • O frasco débese suxeitar para que non tome contacto coa perna, vulva ou roupa. Os dedos non deben tocar o borde do contedor ou a súa superficie interior.
  • Mínima cantidade 10 cc.
           Técnica no home
  • Manter o prepucio retraído mentres comeza a micción. Desbotar a primeira parte da micción (urina uretral, 20 ou 25 cc), e recoller a micción media sen interromper o fluxo da urina, colocando o recipiente de xeito adecuado para a recollida da mostra (bote clinicamente limpo).
Nunca se debe recoller a urina nun recipiente, ouriñal ou similar, onde o paciente realizara a micción previamente.
 
 
Nunca se debe recoller a urina nun recipiente, ouriñal ou similar, onde o paciente realizara a micción previamente.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde