-As zonas de elección para a extracción son as veas do pregue da fosa antecubital, en particular a vea cubital mediana e a vea cefálica.
- Identificar os tubos correctamente con información completa, sen borróns, sen perder a identificación durante todo o proceso. Debe deixarse ver sempre una ventá visible no tubo que permita observar as condicións nas que se recibe a mostra no laboratorio.
- Recoméndase aplicar as etiquetas encima das propias de fabricación do tubo. Se é un tubo transparente, sen etiqueta, tomar como referencia o tapón para pegar a etiqueta a partir do bordo inferior deste.
- En relación coa aplicación do compresor o tempo de éxtase venoso interfire con algunhas probas xa que contribúe a hemólise polo que o compresor debe aplicarse o menor tempo posible (non debe poñerse máis de 1 minuto) (nivel III).
- Recoméndase a educación e formación de competencias para os profesionais con responsabilidades na realización de puncións (Grao B).
- En pacientes a tratamento con ACO recomendar prolongar o tempo de presión da zona de punción de un a tres minutos.
- Tubos estandarizados por parámetro e orde de extracción:
· Sen aditivo e con xel: bioquímica.
· Citrato: coagulación, VSG.
· Heparina.
· EDTA: hematimetría, Hb glicosilada.
· Gasometría venosa. Para iso teremos que retirar primeiro a campá e conectar a xiringa de gases. Manter a mostra en frío e enviar inmediatamente ao laboratorio.
- O tempo transcorrido entre a extracción e a centrifugación dunha mostra non debería exceder unha hora. O tempo e a temperatura son claves nas xiringas heparinizadas xa que existe intercambio de gases. Deben procesarse de forma inmediata e, se non é posible, manter refrixerada a xiringa en todo momento.