Procedemento de adm. de medicación v. oral

0 comentarios comentarios

Procedemento de adm. de medicación v. oral

.

​ Procedemento

ANTES DA ADMINISTRACIÓN

    1. Seguindo os cinco principios de administración da medicación, verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto.
    2. Asegurarse de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco (Grao B).
    3. Comprobar a data de caducidade (Grao B).
    4. Presentarse e identificarse.
    5. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Sergas.
    6. Respectar a intimidade do enfermo e gardar a confidencialidade dos seus datos.
    7. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais ou titores (Grao B).
    8. Valorar o estado de consciencia e a capacidade de deglutición do paciente; no caso de non poder tragar, avisar o seu médico, para cambiar, de ser o caso, a medicación por outra presentación.
    9. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

ADMINISTRACIÓN DA MEDICACIÓN

    1. Etiquetar co nome do paciente e cama o vaso da dose.
    2. Preparar a medicación para a súa administración de forma individualizada, e seguindo as instrucións da ficha técnica e/ou o prospecto. Se é comprimido ou cápsula non retirala da súa envoltura orixinal. Se son gotas, colocar a dose indicada nun vaso con auga. Se é líquido tomar unha xiringa e extraer a dose indicada ou utilizar o dosificador do fármaco.
    3. Hixiene de mans rutineiro ou uso de solución hidroalcohólica (Grao A Nivel I). Poñer luvas non estériles en caso necesario.
    4. Colocar o paciente en posición Fowler ou semisentado se for preciso.
    5. Administrar a medicación proporcionándolle auga ou outro líquido (se está indicado) en cantidade suficiente, para que a medicación chegue ao estómago.
    6. Asegurarse de que a medicación administrada foi inxerida polo paciente (Grao B).
    7. Deixar o paciente en posición cómoda e axeitada, permitíndolle un doado acceso ao timbre e obxectos persoais.
    8. Retirar as luvas se procede. Realizar lavado de mans con xabón ou con solución hidroalcohólica.
    9. Valorar a tolerancia e os posibles efectos adversos e comunicarllos ao médico, se os houber.
    10. Asinar a administración da medicación no lugar correspondente. Se a medicación non foi administrada por algunha razón, rexistralo.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde