Administración de medicación por vía oral

0 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía oral

Actualizado en 2021

Estudos realizados en España mostran que os efectos adversos motivados por erros na medicación teñen unha magnitude asistencial moi elevada. O estudo ENEAS evidenciou unha incidencia de eventos adversos asociados á asistencia sanitaria nos hospitais españois relacionados coa medicación do 37,4%. Esta cifra alcanza o 47,8% no ámbito da atención primaria. Tendo en conta que a vía oral é a máis utilizada ponse de relevo que a sua administración non pode ser unicamente unha tarefa mecánica, senón que require o pensamento e o exercicio dun xuízo profesional.
A vía oral é a vía de administración de medicamentos máis cómoda, segura e económica, e de elección sempre que sexa posible. No entanto, en ocasións, hai circunstancias que dificultan a administración de formas orais sólidas (comprimidos, cápsulas) por necesidade de axuste de doses, problemas de deglutición, pacientes pediátricos, administración por sondas de alimentación, ou ata razóns económicas.
Para obter a máxima seguridade e eficacia do uso dos medicamentos débese ter en conta a biodispoñibilidade, a tolerancia gastrointestinal, as interaccións, tanto entre fármacos administrados simultaneamente, como entre fármaco e alimento, e os efectos adversos máis frecuentes facilmente recoñecibles.
Ao ser esta unha das intervencións máis empregadas no desenvolvemento da asistencia sanitaria, é a nosa responsabilidade adoptar unha actitude máis activa no control de riscos relacionados con esta intervención.
 
Para completar a información do procedimiento consulta os distintos apartados da información asociada.
 
AUTORAS:
  • Fariñas Lorenzo Begoña. Enfermeira. Unidade de Calidade de coidados. Área sanitaria de Vigo.
  • González Formoso, Clara. Enfermeira. Unidade de Calidade de coidados. Secretaria do Comité de Plans de Coidados. Área sanitaria de Vigo.
  • Muíños Pérez, Dolores. Enfermeira. Subdirectora de Enfermaría. Área sanitaria de Vigo.
  • Pardo Lemos Inmaculada. Enfermeira. Supervisora Unidade de Calidade de coidados. Presidenta do Comité de Plans de Coidados. Área sanitaria de Vigo.
 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde