Procedemento de limpeza de canula de traqueotomia

0 comentarios comentarios

Procedemento de limpeza de canula de traqueotomia

.

Limpeza/desinfección da cánula

Limpeza:

  1. Lavar a cánula con auga máis deterxente encimático.
    • Para a súa limpeza, empregaremos o deterxente, así como cepillos, estropallos ou outros obxectos necesarios para despegar os residuos.
    • Preparación da dilución do deterxente:
      • Diluír 50 ml de deterxente encimático en 6 litros de auga a unha temperatura aproximada de 30-40º.
      • Somerxer o material durante 10-15 minutos.

     2.  Aclarar con abundante auga e secar.

     3.  Desbotar a solución polo vertedoiro despois de cada uso.

Unha vez que a cánula está limpa, e no caso de non enviar a esterilización, procederase a realizar unha desinfección de alto nivel.

 

Desinfección:

  1. Somerxer nun desinfectante de alto nivel. Preparar a solución diluíndo o desinfectante a razón de 20 ml por litro de auga, e de acordo coa seguinte orde:
  • Botar auga no recipiente.
  • Engadir o produto para evitar a formación de escuma.
  • Somerxer o material e deixar actuar durante 20 minutos.
  • A solución deberá eliminarse ao final da xornada.

     2.  Aclarar con abundante auga.

     3. Secar minuciosamente.

     4. Identificar a cánula.

     5. Gardar adecuadamente.


 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde