OBXECTIVOS
Obxectivo xeral:
Unificar os criterios de actuación dos profesionais á hora de dispensar a ventilación mecánica non invasiva, co fin de reducir a variabilidade clínica e levar a cabo un traballo ordenado, sistemático e de calidade, incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.
Obxectivos específicos:
Lograr o bo intercambio gasoso e o confort no paciente susceptible de ventilación mecánica non invasiva.
Prever as posibles complicacións derivadas do uso da ventilación mecánica non invasiva.
Proporcionar unha ferramenta de traballo para os traballadores de nova incorporación, fomentando o traballo en equipo e mellorando a organización e a planificación dos coidados cara ao paciente.
Diagnósticos de enfermería relacionados Diagnósticos NANDA
• 00031 Limpeza ineficaz das vías aéreas
• 00032 Patrón respiratorio ineficaz
• 00033 Deterioración da ventilación espontánea
• 00039 Risco de aspiración
• 00047 Risco de deterioración da integridade cutánea
• 00051 Deterioración da comunicación verbal
• 00093 Fatiga
• 00146 Ansiedade
• 00198 Trastorno do patrón do sono
• 00286 Risco de lesión por presión no neno
• 00288 Risco de lesión por presión no neonato
• 00298 Diminución da tolerancia á actividade
• 00304 Risco de lesión por presión no adulto