Definicións. Cambio cánula traqueotomia

0 comentarios comentarios

Definicións. Cambio cánula traqueotomia

.

- Traqueotomía:técnica cirúrxica que permite a comunicación directa da traquea e as vías respiratorias baixas co exterior a través dun orificio practicado entre o segundo e o terceiro anel traqueal e mediante o cal podemos colocar unha cánula.
 
- Cánula de traqueotomía:tubo de plástico ou de metal que se introduce a través da traqueotomía para evitar que esta se cerre e para permitir a ventilación ou a respiración do paciente. Esta vía utilízase en pacientes que van necesitar longos períodos de intubación ou que están en situacións nas que esta intubación non está indicada.
 
- Corpo da cánula, cánula nai, cánula externa ou camisa externa: cilindro oco e curvo, cuxo extremo final presenta unha placa que se apoia sobre o colo e que permite a súa fixación neste. Pode ser con globo ou sen el, metálica ou de material sintético. Mantén aberto o estoma.
 
- Cánula interna ou camisa interna: cilindro oco e curvo, de menor calibre que o anterior, cuxa parte final se suxeita ao corpo desta. Asegura a permeabilidade da vía aérea.
 
- Obturador ou guía: cilindro curvo con punta de oliva que se emprega para orientar a cánula nai durante a súa inserción.
 
- Manguito ou balón: balón traqueal, que pode existir ou non na cánula nai, situado por enriba da luz distal para conseguir unha selaxe perfecto da traquea. Ínflase a través dunha válvula antirrefluxo externa cunha xiringa.
 
- Cánula fenestrada: incorpora na cánula nai un orificio que permite o paso do aire desde a vía aérea superior, o que fai posible a fonación.
 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde