0 comentarios comentarios

Definicións. Aspiración secrecións vía respiratoria baixa

.

Aspiración de vías aéreas - extracción de secrecións das vías aéreas mediante a introdución dun catéter de aspiración na traquea do paciente.

Manexo das vías aéreas artificiais - mantemento de tubos endotraqueais ou de traqueostomía e prevención de complicacións asociadas ao seu emprego.
 
Sonda - instrumento flexible, ríxido ou elástico, que se introduce en cavidades corporais naturais ou patolóxicas con fins exploratorios, diagnósticos ou terapéuticos. Nos pacientes con ventilación mecánica, as secrecións traqueais extráense mediante a sonda a través dun tubo endotraqueal. Este catéter de aspiración pódese introducir mediante a desconexión do paciente do respirador (sistema de aspiración aberto) ou mediante a introdución do catéter no circuíto ventilatorio (sistema de aspiración pechado).
 
Manómetro (regulador de baleiro) - instrumento para adecuar o nivel de baleiro para as diferentes aplicacions.
 
Pneumonía - inflamación do pulmón, causada xeralmente por unha infección. Tres causas son as comúns bacterias, virus e fungos.
 
Atelectasia - colapso dunha parte ou (con moita menor frecuencia) de todo o pulmón.
 
Intubación endotraqueal - introdución dun tubo na traquea para prover un conduto de aire aberto.
 
Tubo endotraqueal (TET) - vía aérea artificial que se introduce a través das fosas nasais ou da boca e que se emprega na intubación a curto prazo.
 
Cánula traqueal - vía aérea artificial que se introduce a través do orificio de traqueotomía e que se emprega na intubación a longo prazo. Trátase dun tubo máis curto, pero de maior diámetro.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio