Para ter en conta. Recollida orina en nenos

0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Recollida orina en nenos

.

OBSERVACIÓNS

Resumo da evidencia no método de recollida da urina en poboación pediatrica.

 

 

II
O chorro miccional limpo amosa uns aceptables indicadores de validez diagnostica cando se compara coa puntuación suprapúbica (PSP)
2+/3
A urina obtida de bolsas perineais ten un alto risco de contaminación en comparación cos obtidos mediante cateterismo vesical ou chorro miccional .


III
As mostras de urina recollidas mediante bolsa adhesiva presentan unha alta prevalencia de falsos positivos (86 % e 73,7 %)
III
A validez dos parámetros da tira reactiva depende da técnica de recollida da urina. A urina recollida mediante bolsa perineal presentan unha menor validez que os recollidos mediante cateterismo vesical.
1+
A PSP guiada mediante ecografía é máis exitosa que a realizada de forma convencional.
1+
A dor asociada á PSP é maior que a asociada ao cateterismo vesical.
II
Non existen datos suficientes sobre a validez diagnóstica de recollida de urina mediante compresa estéril.

 


Recomendacións
 
 
 
B
En poboación pediátrica que controla a micción, recoméndase recoller urina limpa da metade do chorro miccional.
C
En poboación pediátrica que non controla a micción e que require un diagnóstico e/ou tratamento inmediato, recoméndase empregar unha técnica de recollida que minimice o risco de contaminación (PSP ou cataterismo vesical). A elección da técnica deberá supeditarse ao nivel de adestramento e aos medios do contorno asistencial.
C
En poboación pediátrica que non controla a micción e que non require un diagnóstico e/ou tratamento inmediato pódense empregar técnicas de recollida de urina non invasivas ben empregadas (bolsa perineal ou recollida de urina ao asexo).
D
Se a análise da urina recollida mediante técnica non estéril (bolsa perineal) resulta alterada, recoméndase a súa confirmación nunha nova mostra de urina obtida mediante técnicas que minimicen o risco de contaminación. A elección da técnica de confirmación dependerá da situación clínica do paciente, do nivel de adestramento e dos medios do contorno asistencial.
A
Cando se opte pola realización dunha punción suprapúbica e se dispoña de ecografía, recoméndase a súa utilización para mellorar a efectividade da técnica.
V
Recoméndase a dispoñibilidade dun ecógrafo nos postos de atención de pacientes que poidan requirir a realización de punción suprapúbica.


Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde