Extracción de sangue venoso: punción dunha vea para a extracción dunha mostra sanguínea.
Actualmente é de emprego xeneralizado o sistema de extracción con tubos de baleiro.
A rexión utilizada para a venopunción adoita ser a fosa antecubital.
Tubo de baleiro: tubos predeterminados para encherse con un determinado volume de sangue por baleiro. O tapón de caucho esta codificado por cor, de acordo ao seu uso ou aditivos. Poden ser de material plástico ou de vidro.
Campá (porta tubos): permitirá conectarse ao pavillón de rosca do adaptador con agulla ou agulla con aletas para extracción sanguínea por baleiro.