Saudar, presentarse e identificarse.
Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
Respectar a súa intimidade e gardar a confidencialidade dos seus datos.
Informar o paciente e/ou ao coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores.
Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
Realizar a hixiene das mans con solución hidroalcohólica.
Colocar o paciente en decúbito supino.
Localizar o lugar de palpación apoiando con suavidade a xema de 2 ou 3 dedos (índice, medio, anular) no traxecto da arteria seleccionada (o uso do polgar está contraindicado por ter pulso propio, pódese confundir co do paciente).
Localizar o pulso pedio da arteria dorsal do pé entre os tendóns extensores do 1º e 2º dedo.
Se non pode notar o pulso, mova os dedos máis lateralmente. A palpación transversal á dirección da arteria, con dous ou tres dedos, pode facilitar a detección do pulso.
Localizar o pulso da arteria tibial posterior na zona posterior e lixeiramente debaixo do maléolo interno do nocello.
Realizar a exploración nas dúas extremidades.
Hixiene das mans.
Rexistro. Os pulsos rexistraranse como “palpables” ou “non palpables”).