0 comentarios comentarios

Procedemento. Pulsos Pédios

  1. Saudar, presentarse e identificarse.
  2. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  3. Respectar a súa intimidade e gardar a confidencialidade dos seus datos.
  4. Informar o paciente e/ou ao coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores.
  5. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  6. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  7. Realizar a hixiene das mans con solución hidroalcohólica.
  8. Colocar o paciente en decúbito supino.
  9. Localizar o lugar de palpación apoiando con suavidade a xema de 2 ou 3 dedos (índice, medio, anular) no traxecto da arteria seleccionada (o uso do polgar está contraindicado por ter pulso propio, pódese confundir co do paciente).
  10. Localizar o pulso pedio da arteria dorsal do pé entre os tendóns extensores do 1º e 2º dedo.
  11. Se non pode notar o pulso, mova os dedos máis lateralmente. A palpación transversal á dirección da arteria, con dous ou tres dedos, pode facilitar a detección do pulso.
  12. Localizar o pulso da arteria tibial posterior na zona posterior e lixeiramente debaixo do maléolo interno do nocello.
  13. Realizar a exploración nas dúas extremidades.
  14. Hixiene das mans.
  15. Rexistro. Os pulsos rexistraranse como “palpables” ou “non palpables”).

Pulsos pedios previsualizacion.jpg

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio