Para ter en conta. Monofilamento

0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Monofilamento

Observacións
  • Aplicar soamente sobre pel intacta. Evitar os helomas ou as zonas con úlceras ou cicatrices.
  • Absterse de aplicar movementos rápidos ou repiqueteantes.
  • Se o monofilamento se desliza accidentalmente sobre a pel, repítese a proba nesa zona máis adiante durante a secuencia.
  • O monofilamento consérvase seguindo as instrucións do fabricante.
  • Límpase con auga xabonosa e sécase cun pano limpo.
  • O monofilamento non se pode utilizar en máis de 10 pacientes sen un período de recuperación de 24 horas.
  • A exploración física dos pés para valorar os factores de risco de ulceración ou amputación debe ser realizada por un profesional da saúde (nivel Ib).
  • A exploración física debe realizarse unha vez ao ano en todas as persoas diabéticas de máis de 15 anos e a intervalos frecuentes naquelas persoas cun maior risco (nivel IV).
  • A valoración dos factores de risco do pé debe incluír: historia previa de úlceras do pé, sensibilidade, anomalías estruturais e biomecánicas, circulación e conduta e coñecementos respecto ao autocoidado (anexo II) (nivel IV).

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde