0 comentarios comentarios

Indicadores. Pulsos Pédios

 

Recomendación:
As enfermeiras deben valorar polo menos unha vez ao ano a circulación periférica nos pés das persoas con diabetes de 15 anos ou máis mediante a determinación dos pulsos periféricos, e a intervalos máis frecuentes naquelas con maior risco.
Esta avaliación debera incluír a valoración doutros factores de risco de pé diabético: Anomalías estruturais, úlceras previas, autocoidados e sensibilidade protectora dos pés mediante o Monofilamento de Semmens-Weinstein de 10 gramos.
Definición:
Porcentaxe de pacientes con 15 ou máis anos con diabetes aos que se lles realizou unha determinación dos pulsos periféricos nos pés no último ano.
Obxectivo:
Incremento da porcentaxe da determinación dos pulsos periféricos.
Numerador:
Número de pacientes con 15 ou máis anos con diabetes aos que se lles realizou unha avaliación determinación dos pulsos periféricos nos pés no último ano.
Denominador:
Número de pacientes con 15 ou máis anos con diabetes.
Fonte de datos:
Datos de xestión clínica, rexistro da historia clínica electrónica: IANUS ou HCEPRO (da Escala de Estratificación de Risco de pé Diabético)

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio