Anexos. Monofilamento

Anexos. Monofilamento

Clasificación do risco de pé diabético e frecuencia de inspección recomendada pola Guía NICE: Diabetic foot problems: prevention and management. 2015


Risco (clasificación))
Características
Frecuencia de inspección
Baixo risco
Sensibilidade conservada, pulsos palpables
Anual
Risco aumentado
Neuropatía ou ausencia de pulsos ou outro factor de risco
Cada 3-6 meses (visitas de control)
Alto risco
Neuropatía ou pulsos ausentes xunto a deformidade ou cambios na pel ou úlcera previa
Cada 1-3 meses
Pé ulcerado

Tratamento individualizado, posible derivación.
Cada 1-3 meses trala curación

 
 
 
Interpretación das Evidencias (Registered Nurses' Association of Ontario)
NIVEL Ia
Evidencia obtida da metaanálise ou da revisión sistemática de ensaios controlados aleatorios, mais o consenso.
NIVEL Ib
Evidencia obtida de ao menos un ensaio controlado aleatorio, mais o consenso.
NIVEL II
Evidencia obtida de ao menos un estudo ben deseñado controlado non aleatorio ou evidencia obtida de ao menos un estudo cuase-experimental ben deseñado, mais o consenso.
NIVEL III
Evidencia obtida de estudos descritivos ben deseñados, non experimentais, como son estudos comparativos, estudos de correlación e estudos de casos, mais o consenso.
NIVEL IV
Evidencia obtida dos informes elaborados por un comité de expertos ou o seu ditame ou as experiencias clínicas de autoridades recoñecidas na materia.

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde