1 comentarios comentarios

Retirada da sonda vesical

.

A retirada da sonda vesical debe facerse o máis precozmente posible (categoría IB). En pacientes cirúrxicos con indicación de sondaxe, retirar a sonda tan pronto como sexa posible no postoperatorio, preferiblemente nas primeiras 24 h, de non haber indicación en contra (categoría IB).

Non existe evidencia que indique a necesidade de pinzar a sonda antes da súa retirada (categoría II).
A retirada da sonda a media noite, en vez de como se fai habitualmente durante a mañá, produce unha recuperación máis temperá dos ritmos de micción normais.
  • Identificarnos e informar a/o paciente do procedemento que se vai realizar, contestando as dúbidas que poida ter sobre este.
  • Preservar a súa intimidade.
  • Realizar lavado de mans segundo o protocolo.
  • Poñer luvas desbotables non estériles.
  • Colocar a/o paciente na posición adecuada (xinecolóxica na muller e decúbito supino coas pernas separadas no home).
  • Colocar unha cuña ou empapador debaixo da/o paciente.
  • Tras desinfectar a conexión, conectar unha xiringa de 10 cc no lugar axeitado da sonda e extraer todo o contido do balón de ancoraxe. Se non é posible extraer todo o contido do globo, deixar a xiringa conectada e esperar 10-15 minutos, sen aspirar, a que drene por ela mesma.
  • Unha vez desinflado o balón, retirar a sonda lentamente cara a fóra.
  • Limpar os xenitais de posibles restos.

 

Comentarios:
  • avatar laura dixo:
    xoves, 7 de febreiro 2019 ás 09:12
    en cuanto al tema de desinflar el balón de fijación, hoy en dia no se contempla lo de introducir el fiador si no desinfla? o solo se contempla lo de poner la jeringa conectada sin aspirar..
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio