Para ter en conta. Coidados da vía

0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Coidados da vía


Observacións
  • Hai que revisar polo menos unha vez ao día a zona de inserción do catéter (por palpación se se usa un apósito de tecido ou por inspección ocular se se usa un apósito transparente) observando e comprobando a existencia dalgunha complicación.

  • No caso de válvula (tapón de seguridade) bidireccional minimizar o risco de contaminación do catéter limpando o acceso con antiséptico adecuado antes do seu uso, e acceder soamente con dispositivos estériles. Cada vez que se acceda a un conector/tapón deberá desinfectarse este con antiséptico apropiado (clorhexidina, povidona iodada ou alcohol de 70º) e accederase a el unicamente con material estéril.

  • No caso de obstrución, intentar desobstruír aspirando suavemente cunha xiringa. Nunca se debe irrigar a presión (pódese enviar un émbolo ao torrente circulatorio) nin introducir ningunha medicación para desobstruír. No caso de non conseguir a desobstrución co aspirado suave, proceder á retirada do catéter.

  • Ao fixar o equipo de infusión IV, deberase poñer especial coidado de non comprimir ou dobrar os sistemas de fluxo.​  

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde