Segundo o material

0 comentarios comentarios

Segundo o material

 

SEGUNDO O MATERIAL
Poliuretano

Actualmente contamos cun poliuretano de 3.ª xeración que proporciona gran resistencia e durabilidade.

Algúns aguantan presións altas de infusión, é dicir, admiten infusión de contrastes. Son os chamados de alto fluxo.
Entre as vantaxes que presentan está a resistencia a moitos químicos, trombo-resistencia (pouca tromboxenicidade), diminución da adherencia das plaquetas, abrándase dentro do corpo, é bacterioestático.
O antiséptico de elección é clorhexidina >0,5 % con alcohol isopropílico 70º. En caso de sensibilidade á clorhexidina usar povidona iodada acuosa ou alcohol isopropílico 70º.
A exposición ao etanol pode debilitar o catéter.
Silicona
Aceptan un fluxo máximo de 1400 ml/h (0,4 ml/s).
O antiséptico de elección é clorhexidina >0,5 % con alcohol isopropílico 70º. En caso de sensibilidade á clorhexidina usar alcohol isopropílico 70º e NON EMPREGAR tinturas iodadas.
Comparado co poliuretano de terceira xeración:
  1. É un material menos resistente á presión polo que as paredes do catéter son máis grosas, o cal fai diminuír a luz.
  2. Favorece a acumulación de substancias polo que hai que ser máis minucioso ao limpar e  arrastrar con soro fisiolóxico unha vez finalizado o uso.
  3. Ten máis risco de rotura interna, de migración e de colonización por cándidas.
  4. O risco de infección e trombose e similar.
Carbotano + Endexo
Material novo con maior resistencia a acumulación de compoñentes da sangue: trombos e plaquetas.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde