0 comentarios comentarios

Procedemento perfusión por reservorio SC

.

A. Reservorio non canalizado: procederase previamente á súa canalización segundo o “Procedemento de Canalización”.

 
B. Reservorio previamente canalizado:
  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B)
  4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  6. Comprobar alerxias do paciente.
  7. Examinar o aspecto da pel (edema, infiltración subcutánea, afectación cutánea, supuración).
  8. Realizar hixiene de mans (categoría IA) e colocación de luvas.
  9. Desinfectar as conexións con clorhexidina (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina, utilizarase alcohol ao 70%) (categoría IB) deixar secar 30 segundos. Desclampar a Gripper e aspirar suavemente un mínimo de 5 cc para confirmar a correcta colocación da agulla e observar que reflúa sangue, o que indica que está ben situada e o funcionamento do catéter é bo.
  10. Clampar a Gripper de novo ao sistema e retirar a xiringa.
  11. Cargar unha nova xiringa co 10-20 ml de soro fisiolóxico, conectar o sistema desclampar e lavar o reservorio.
  12. Conectar o equipo de perfusión á chave de tres vías e purgalo.
  13. Conectar o equipo ao alongamento da Gripper.
  14. Axustar ritmo pautado e observar a fluidez da perfusión.
  15. Fixar o alongamento a pel e colocar o apósito transparente e rexistrar preto deste a data de colocación.
  16. Lavar o catéter entre distintas medicacións.
C. Retirada da perfusión:
  1. Cerrar a pinza.
  2. Desconectar o equipo de perfusión.
  3. Abrir a pinza.
  4. Lavar o catéter con soro fisiolóxico (10 cc) e clampar.
  5. Cerrar a pinza.
  6. Heparinizar.
  7. Clampar o sistema.
  8. Unha vez finalizada a perfusión, retirar o equipo do alongamento da gripper e, se non se vai utilizar inmediatamente, é necesario  SELAXE/HEPARINIZACIÓN DO RESERVORIO.
D. Desconexión
  1. Retirar a agulla do reservorio suxeitando cos dedos índice e polgar da man dominante as aletas do sistema, mentres que coa outra man se suxeita o reservorio.
  2. Extracción da agulla realizando unha forza perpendicular a pel do paciente.
  3. Premer 1-2 minutos sobre o punto de punción cunha gasa estéril para evitar sangrado.
  4. Colocar apósito estéril.
  5. Recoller o material.
  6. Retirar as luvas.
  7. Hixiene de mans (categoría IA).

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio