Procedemento
a) Reservorio non canalizado: procederase previamente á súa canalización segundo o “Desenvolvemento: Canalización”.
b) Reservorio previamente canalizado:
Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais.
Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
Comprobar alerxias do paciente.
Examinar o aspecto da pel.
Realizar hixiene de mans (categoría IA) e colocación de luvas non estériles (categoría IC).
Desinfectar as conexións con clorhexidina fregando enerxicamente durante 15 segundos (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina, utilizarase alcohol ao 70%)(categoría IB) deixar secar 1 minuto. Desclampar a Gripper/Huber e aspirar suavemente para confirmar a correcta colocación da agulla e observar que reflúa sangue, o que indica que está ben situada e o funcionamento do catéter é bo. Se o reservorio está heparinizado retirar 5cc mínimo ao comprobar que reflúa.
Clampar a Gripper/Huber de novo ao sistema e retirar a xiringa.
Cargar unha nova xiringa con 10-20 ml de soro fisiolóxico, conectar o sistema desclampar e lavar o reservorio.
Conectar o equipo de perfusión á chave de tres vías e purgalo.
Conectar o equipo ao alongamento da Gripper/Huber.
Axustar ritmo pautado e observar a fluidez da perfusión.
Lavar o catéter entre distintas medicacións cun mínimo de 10 ml de soro.
c) Retirada da perfusión:
Cerrar a pinza.
Desconectar o equipo de perfusión.
Abrir a pinza.
Lavar o catéter con soro fisiolóxico, con técnica push-stop (con 10 ou 20 cc) con presión positiva e clampar.
Unha vez finalizada a perfusión, retirar o equipo do alongamento da gripper/huber e, se non se vai utilizar inmediatamente, é necesaria a selaxe/heparinización do reservorio.
d) Retirada de agulla
Retirar a agulla do reservorio suxeitando cos dedos índice e polgar da man dominante a zona superior da agulla, mentres que coa outra man se suxeita o reservorio.
Extracción da agulla realizando unha forza perpendicular a pel do paciente.
Premer 1-2 minutos sobre o punto de punción cunha gasa estéril para evitar sangrado.
Colocar apósito estéril.
Recoller o material.
Retirar as luvas.
Hixiene de mans.