Procedemento de extracción de sangue dende o reservorio

.

A. Reservorio non canalizado: procederase previamente á súa canalización segundo o “Procedemento de Canalización”.

B. Reservorio previamente canalizado

  • Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  • Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  • Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais (Grao B).
  • Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  • Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  • Comprobar as alerxias do paciente.
  • Examinar o aspecto da pel (edema, infiltración subcutánea, afectación cutánea, supuración).
  • Realizar hixiene de mans (categoría IA ) e colocación de guantes.
  • Desinfectar as conexións con clorhexidina (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina utilizarase alcohol ao 70% ou povidona iodada) (categoría IB); deixar secar 30 segundos.
  • Lavar con 10 cc de soro fisiolóxico y extraer un mínimo de 5- 7 cc de sangue.
  • Conectar o adaptador para a extracción, e a continuación encher os tubos de mostras necesarios. Volver clampar.
  • Identificar os tubos das analíticas.
  • Conectar a xiringa preparada con 10 cc de soro fisiolóxico, desclampar e lavar o reservorio.
  • Ao rematar, heparinizar o catéter se non se vai a usar (ver “heparinización do reservorio ”) ou restablecer a perfusión dos fluídos prescritos (ver "perfusión por reservorio").
  • Recoller o material.
  • Retirar as luvas.
  • Hixiene de mans (categoría IA).

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio