Para ter en conta. Perfusión por reservorio SC

.

Observacións

  • Non forzar a entrada de fluídos para liberar unha obstrución. Non se pode garantir o funcionamento correcto dun sistema no que a infusión se realice con dificultade e sexa imposible obter fluxo hemático.
  • Nunca inxectar líquidos a través do reservorio con xiringas menores a 10, para evitar o exceso de presión sobre o catéter.
  • A presión exercida ao inxectar e extraer debe ser suave.
  • Non deixar parada a infusión máis de 5 minutos.
  • Non manipular a agulla nin realizar movementos de rotación ou inclinación, unha vez inserida na membrana.
  • Lavar o catéter entre distintas medicacións; numerosas substancias poden precipitar o contacto coa heparina e producir unha obstrución irreversible do catéter.
  • Manter sempre a pinza cerrada mentres se desconecta o sistema (categoría IB ).
  • Os sistemas de infusión, incluídas chaves de tres vías e alargadeiras, cambiaranse c/72 h, a non ser que se sospeite ou se teña certeza de bacteriemia  (categoría IA )
  • En caso de perfundir infusións lipídicas o cambio de sistemas realizarase c/ 24h (categoría IA ).
  • Cambio de agulla obrigatorio ao realizar hemocultivos, se aparecen signos de irritación ou infección, dificultade na infusión ou extravasación.
      No caso de infusores para a administración de citostáticos, ao retirar o infusor, tapar o sistema con agulla EV o IM e introducir no contedor de citostáticos. Non tocar conexións e evitar roces.

 

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio