Procedemento. Análise Ordinario de sangue

Procedemento para análise ordinario de sangue

 1. Comprobacións previas:Comprobacións previas:

-Presentarse ao paciente.

-Comprobar inequivocamente a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

-Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

-Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible. Usar unha linguaxe comprensible e resolver as posibles dúbidas e temores.

-Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.

-Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

-Comprobar a existencia de alerxias.

-Realizar a hixiene das mans segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

Colocar o paciente na postura adecuada: sentado ou deitado en semi-Fowler, brazo afecto estendido, separado do corpo.

 2. Realizar hixiene de mans e colocación de luvas non estériles (CDC 2011; grao de recomendación IB).

 3. Valorar a luz pola que ser extraerá a mostra:

  • En caso de estar infundindo algunha solución polo PICC, se a natureza da infusión e as condicións do paciente o permiten, pararíanse as perfusións durante uns minutos (INS 2016, grao IV).

  • Se o PICC ten varias luces, procurar facer a extracción a través da luz de maior calibre ou a máis distal, segundo o formato do catéter (INS 2016, grao IV).

  • Para análise de niveis dun fármaco, non extraer a mostra da mesma luz pola que se administrou ese fármaco (INS 2016, grao III).

  • Non usar a luz da nutrición parenteral de forma rutineira para extraer mostras (INS 2016 grao V).

 4. Desinfección de tapón fregando vigorosamente con gasa con alcohol isopropílico ao 70 % ou clorhexidina alcohólica ao 2 % (INS 2016, grao II).

 5.Comprobar a permeabilidade da luz e refugar 3-4 ml de sangue (6 ml se se administraron solución de glicosa), agás se é unha mostra para cultivo, que non se refuga (INS 2016 grao II).

 6. Conectar adaptador e campá de extracción.

 7. Aplicar os tubos de mostras que sexan necesarios.

 8. Retirar a campá con adaptador.

 9.Lavar con 20 ml de SSF con técnica push-stop–push.

 10. Reiniciar perfusións ou en caso de uso intermitente, opcional o selado con heparina sódica.​