0 comentarios comentarios

Definicións. PEG

.

Alimentación enteral: é unha medida de soporte nutricional mediante a cal se introducen os nutrientes directamente no tubo dixestivo a través dunha sonda. Un dos seus extremos quedará no exterior e o outro nun dos distintos tramos do tubo dixestivo. Neste caso, a alimentación salta algunhas fases do proceso dixestivo, como son a fase bucal e a esofáxica. Utilízase cando non é posible a alimentación voluntaria e o aparato dixestivo segue mantendo a súa funcionabilidade.


Estoma: provén do grego stoma (boca); é a abertura creada cirurxicamente entre unha víscera oca e a superficie corporal ou outra víscera.


Gastrostomía endoscópica percutánea: é a colocación mediante endoscopia dunha sonda ou tubo no estómago a través da parede abdominal. Úsase fundamentalmente para administrar alimentación a pacientes con disfaxia (dificultade para tragar os alimentos), debida a un problema mecánico ou neurolóxico e que se supoña que poidan ter unha adecuada esperanza de vida (superior a 2 meses).


Sonda: é un instrumento que se introduce nun corpo para explorar algunha das súas partes ou extraer ou introducir substancias.


Sonda nasogástrica: sonda que se introduce polo nariz, a través da gorxa e o esófago, ata o estómago. Pódese usar para administrar medicamentos, líquidos e alimentos líquidos, ou para extraer substancias desde o estómago. A administración de alimentos a través dunha sonda nasogástica é un tipo de nutrición enteral.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio