0 comentarios comentarios

Definición coidados reservorio SC

.

Reservorio (porto ou port-a.cath): cámara de titanio cunha membrana de silicona autoselante. Esta parte vai conectada a un catéter flexible, con unha ou dúas vías independentes (bicameral), chegando o extremo distal a nivel da unión da vena cava superior xusto antes da entrada na aurícula dereita.

Agullas tipo Gripper: para acceso aos portos de silicona dos catéteres implantados.
Infusores: dispositivos que foron deseñados para que a medicación chegue de modo constante e continuo.
Chave de tres pasos: Dun só uso, estéril e apiróxena para a infusión e administración intermitente de solucións por vía intravenosa.
Urokinasa: fibrinolítico parenteral indicado para a disolución de trombos.
Heparina sódica (20 UI/ml): solución inxectable anticoagulante, indicada para realizar o selado de catéteres venosos e arteriais (Fibrilín®).
Desoclusión: desobstrución dun catéter venoso central de longa duración mediante a técnica de presión negativa e posterior introdución dun composto fibrinolítico (Urokinasa).

Imaxes gripper.JPG

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio