0 comentarios comentarios

Definicións. Glicemia capilar

.

Glicemia - medida da concentración de glicosa libre no sangue, soro ou plasma sanguíneo.

Glicemia capilar - análise do nivel de glicosa en sangue, obtida por punción de vasos capilares.
 
Glicómetro - dispositivos electrónicos deseñados para analizar os niveis de glicosa en sangue capilar. A maioría deles levan incorporado un chip de memoria e un programa informático que permite analizar os resultados e facer representacións gráficas.
 
Tira reactiva de glicosa - son microchips que permiten realizar nunha gota de sangue a determinación de glicemia. Son soportes plásticos de distintos tamaños que conteñen un reactivo nunha zona especial na tira que, en contacto coa mostra de sangue, producen unha reacción que mediante un aparato medidor (reflectómetro ou biosensor) permite coñecer o nivel da glicemia.
 
Lanceta de seguridade - dispositivo de plástico dun só uso, con agulla incorporada, preparada para minimizar a dor e a lesión na pel. Está dotado dun sistema de seguridade: despois da punción a agulla retráese de forma automática e irreversible dentro do dispositivo
 
Calibración - é o procedemento de comparación entre o que indica un instrumento e o que “debera indicar” de acordo a un patrón de referencia con valor coñecido.
 
Erro de medición - defínese como a diferenza entre o valor real e o valor de medida. 

Automonitorización da glicosa sanguínea - autoevaluación dos niveis totais de glicosa sanguínea fóra do laboratorio clínico. Pode utilizarse un equipo de medición dixital ou por batería.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio