0 comentarios comentarios

Procedemento de adm. de medicación v. oral

.

​ Procedemento

  1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
  2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
  3. Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlle o procedemento aos pais. (Grao B)
  4. Valorar o estado de conciencia e a capacidade de deglutición do paciente; no caso de non poder tragar, avisar o seu médico, para cambiar, de ser o caso, a medicación por outra presentación.
  5. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
  6. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
  7. Seguindo os cinco principios de administración da medicación verificar: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto. Asegurarse de que non existe contraindicación ou alerxia ao fármaco.
  8. Comprobar a prescrición coa etiqueta do fármaco e que ambas as dúas están claramente escritas. Comprobar ademais a data de caducidade. (Grao B).
  9. Lavado hixiénico de mans ou uso de solución hidroalcohólica (Grao A nivel I)
  10. Poñer luvas non estériles en caso necesario.
  11. Preparar a medicación para a súa administración de forma individualizada.
  12. Comprobar se o medicamento se inxire con líquidos ou é para mastigar.
  13. Colocar o paciente en posición Fowler ou semisentado se fose preciso.
  14. Administrar a medicación proporcionándolle auga ou outro líquido (se está indicado) en cantidade suficiente, para que a medicación chegue ao estómago. Se o paciente ten dificultades na deglutición valorar a posibilidade (se non hai interaccións) de administrar o fármaco mesturándoo cunha pequena cantidade de comida branda que lle guste á persoa (ex. iogur).
  15. Asegurarse de que a medicación administrada foi inxerida polo paciente. (Grao B).
  16. Deixar o paciente en posición cómoda e axeitada, permitíndolle un doado acceso ao timbre e obxectos persoais.
  17. Realizar lavado de mans con xabón ou con solución hidroalcohólica.
  18. Valorar a tolerancia e os posibles efectos adversos e comunicarllos ao médico, se os houbese.
  19. Asinar a administración da medicación no lugar correspondente. Se a medicación non foi administrada por algunha razón, rexistralo.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio