0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Adm. medicación vía ótica

Observacións

 
  • Non administrar fármacos etiquetados incorrectamente.
  • Antes de aplicar as gotas óticas, é imprescindible coñecer o estado da membrana timpánica, xa que se está perforada a medicación pasaría ao oído medio e poderíanse producir complicacións.
  • O fármaco ha de ter unha temperatura similar ao corpo para evitar que unha instilación fría provoque vertixe no paciente. Se é necesario, entibie o fármaco á temperatura corporal, para o que pode introducir o frasco en auga morna ou gardalo no peto durante 30 minutos antes do procedemento. Cómpre salientar que unha instilación fría pode producir no paciente vertixe, náuseas e dor.
  • Unha vez administrado o tratamento, non se han de poñer gasas nin algodón no conduto auditivo para evitar que os apósitos absorban por capilaridade parte da medicación, o que suporía unha diminución da eficacia.
  • Anticiparse e tomar medidas para previr os movementos rápidos e inesperados do paciente durante a administración do fármaco e, no caso dos nenos, pedir a colaboración dos titores para inmobilizalos.
  • Vixiar e informar o paciente da necesidade de comunicar calquera signo relacionado coas posibles complicacións.
  • Se é a primeira vez que se administra un medicamento, estea alerta; en especial, nos casos de hipersensibilidade coñecida a outros fármacos.
  • Desbotar a primeira gota ou porción de pomada, antes de instalar o tratamento.
  • Se nalgún momento se toca o oído ou o pavillón auricular co aplicador do medicamento, hai que consideralo contaminado e desbotalo.
  • Con respecto aos preparados óticos, é conveniente sinalar que o seu período de caducidade unha vez abertos é dun mes, salvo aquelas fórmulas maxistrais cuxa caducidade a indicará o Servizo de Farmacia, que debe constar claramente na etiquetaxe.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio