Para ter en conta. Adm. medicación v. oral

0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Adm. medicación v. oral

.

​  Observacións

     
  • Utilizar soamente xiringas orais para dosificar e administrar os medicamentos orais líquidos. Etiquetar as xiringas indicando claramente vía oral e a medicación e doses que conteñen.
  • Cando a recomendación indique “coas comidas” estase a referir durante ou inmediatamente despois de inxerir os alimentos. “En xaxún” ou “fóra das comidas” implica que hay que tomalo co estómago baleiro ou unha hora antes ou dúas horas despois das comidas.
  • O horario de administración dun medicamento debe adaptarse no posible ás preferencias do paciente para facilitar a súa adherencia.
  • Á hora de administrar un medicamento con comida, hay que ter en conta as posibles interaccións.
  • O paciente ou coidador que manipule os medicamentos debe recibir información (verbal e escrita) sobre a maneira correcta de facelo.
  • Escoitar o paciente se cuestiona a administración dun fármaco.
  • Na preparación da medicación a enfermeira debe reunir todos os elementos necesarios para que haxa as mínimas interrupcións no procedemento (nivel IV).
  • Nos pacientes con problemas de deglutición é conveniente ter en conta o seguinte:
  • - Se toleran a dieta branda poden administrarse os comprimidos enteiros,

    - Se toleran a dieta branda poden administrarse os comprimidos enteiros, fraccionados ou triturados, ou ben o contido das cápsulas, cunha pequena cantidade de alimento (cullerada de iogur) para asegurar que se administra a totalidade da dose. Se se asocia ás comidas, asociar ao “primeiro bocado”.

    - Se requiren a administración de fluídos con espesantes, hai que ter en conta a compatibilidade do espesante co medicamento que se vai administrar. Por exemplo, os laxantes que conteñen polietilenglicol (macrogol) modifican a textura dos espesantes a base de amidón facéndoa máis lixeira e aumentando o risco de aspiración, polo que sería preferible a súa administración con espesantes a base de goma.

  • Non extraer medicamentos dos envases ata que se vaian administrar.
  • A manipulación de axentes de quimioterapia débese facer con luvas, xa que existe a posibilidade de absorción pola pel (nivel IV).
  • A preparación e administración do fármaco executaraa o mesmo profesional.
  • Preservar os comprimidos da humidade, luz e aire. Se non teñen rañuras non partilos pola dificultade de precisión de doses.
  • Cando se administren con máis medicamentos o xarope tomarase en último lugar.
  • No caso de vómitos, valorar a absorción do medicamento. Se estes se producen antes de ½ hora consultar co médico a posibilidade de repetir a dose.
  •  

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde