OBXECTIVO
Estandarizar os criterios de actuación na utilización da vía oral como vía de administración de medicamentos, co fin de reducir a variabilidade clínica e incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.
- Administrar con seguridade os fármacos a través da vía oral.
- Prever posibles complicacións derivadas da administración de fármacos por vía oral.
Diagnósticos de enfermería relacionados
Diagnósticos NANDA
- 00036 Risco de asfixia
- 00037 Risco de intoxicación
- 00039 Risco de aspiración
- 00078 Xestión ineficaz da propia saúde
- 00103 Deterioración da deglutición (este diagnóstico será retirado da Taxonomía NANDA-I na edición 2021-2023 a no ser que se complete o nivel de evidencia ata 2.1 ou superior con traballo adicional).
- 00126 Coñecementos deficientes
- 00162 Disposición para mellorarla xestión da propia saúde