Obxectivos e diagnósticos enfermería. Adm. medicación vía sublingual

OBXECTIVOS

 

Obxectivo xeral
    • Estandarizar os criterios de actuación na utilización da vía sublingual, co fin de reducir a variabilidade clínica e incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.

 

Obxectivos específicos
    • Proporcionar os coñecementos necesarios para administrar por vía sublingual, a medicación prescrita con fins terapéuticos.

 

    • Prever posibles complicacións derivadas da administración de fármacos por vía sublingual.

 

Diagnósticos de enfermería relacionados


Diagnósticos NANDA
    • 00037 Risco de intoxicación
    • 00039 Risco de aspiración
    • 00045 Deterioración da mucosa oral
    • 00079 Incumprimento
    • 00126 Coñecementos deficientes
    • 00134 Náuseas
    • 00247 Risco de deterioración da mucosa oral

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio