0 comentarios comentarios

Administración de medicación por vía rectal

Administración segura e eficaz dos medicamentos por vía rectal con fins terapéuticos, preventivos ou diagnósticos.

Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para a administración segura e eficaz dos medicamentos por vía rectal con fins terapéuticos, preventivos ou diagnósticos.

 

A vía rectal é anatomicamente o segmento terminal do tubo dixestivo (15-19 cm). Ten unha estrutura que consta dunha capa serosa peritoneal, unha túnica muscular, unha capa submucosa (irrigada pólo plexos venoso hemorroidal) e unha capa ou túnica mucosa.
A absorción do fármaco realízase a través do plexo hemorroidal, o cal evita en parte o efecto de primeiro paso ou paso por o fígado, antes de incorporarse á circulación sistémica.
A vía rectal é especialmente útil nas seguintes situacións:
  • Paciente incapaz de inxerir a medicación por vía oral.
  • Medicamentos que irriten a mucosa gástrica ou que son destruídos polas encimas dixestivas.
  • Medicamentos que polo seu sabor ou olor son intolerables pola vía oral.

 

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio