Obxectivos e diagnósticos enfermería. VMNI

Obxectivos e diagnósticos enfermería. VMNI

.

OBXECTIVOS

Obxectivo xeral:

Unificar os criterios de actuación dos profesionais á hora de dispensar a ventilación mecánica non invasiva, co fin de reducir a variabilidade clínica e levar a cabo un traballo ordenado, sistemático e de calidade, incorporando as mellores prácticas na actividade asistencial.
 
Obxectivos específicos:
 
  • Lograr o bo intercambio gasoso e o confort no paciente susceptible de ventilación mecánica non invasiva.
  • Prever as posibles complicacións derivadas do uso da ventilación mecánica non invasiva.
  • Proporcionar unha ferramenta de traballo para os traballadores de nova incorporación, fomentando o traballo en equipo e mellorando a organización e a planificación dos coidados cara ao paciente.

Diagnósticos de enfermería relacionados

Diagnósticos NANDA

    • 00031 Limpeza ineficaz das vías aéreas
    • 00032 Patrón respiratorio ineficaz
    • 00033 Deterioración da ventilación espontánea
    • 00039 Risco de aspiración
    • 00047 Risco de deterioración da integridade cutánea
    • 00051 Deterioración da comunicación verbal
    • 00093 Fatiga
    • 00146 Ansiedade
    • 00198 Trastorno do patrón do sono
    • 00286 Risco de lesión por presión no neno
    • 00288 Risco de lesión por presión no neonato
    • 00298 Diminución da tolerancia á actividade
    • 00304 Risco de lesión por presión no adulto

Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde