Definicións. Limpeza canula traqueotomia

0 comentarios comentarios

Definicións. Limpeza canula traqueotomia

.

 

Traqueotomía: técnica cirúrxica que permite a comunicación directa da traquea e as vías respiratorias baixas co exterior a través dun orificio practicado entre o segundo e o terceiro anel traqueal e mediante o cal podemos colocar unha cánula.

Cánula de traqueotomía: tubo de plástico ou de metal que se introduce a través da traqueotomía para evitar que esta se cerre e para permitir a ventilación ou a respiración do paciente. Esta vía utilízase en pacientes que van necesitar largos períodos de intubación ou que están en situacións nas que esta intubación non está indicada.
Desinfectantes de alto nivel: son aqueles capaces de actuar sobre formas vexetativas bacterianas, micobacterias, fungos, virus e esporas, aínda que para destruílas necesitan longos tempos de actuación.
 
Deterxente encimático: son aqueles que na súa composición inclúen encimas. Normalmente, este tipo de deterxentes son os máis empregados na limpeza do instrumental sanitario, xa que o tipo de residuo adoita ser orgánico. Os deterxentes encimáticos acostuman a ser líquidos.
 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde