Equipo de protección individual (EPI) é calquera equipo destinado a ser levado ou suxeitado polo traballador/a para que lle protexa dun ou varios riscos que poidan ameazar a súa seguridade ou a súa saúde no traballo, así como calquera complemento ou accesorio destinado a tal fin (R.D. 773/1997).
Un EPI (máscaras, luvas, etc.) debe considerarse como un medio de protección complementaria do risco e, na medida do posible, temporal. Nunca elimina unha situación de risco.