Extracción de sangue por vía venosa

0 comentarios comentarios

Extracción de sangue por vía venosa

Está en fase de revisión e en breve estará dispoñible a súa actualización.

NOTA: Dado que transcorreron máis de 5 anos desde a publicación do procedemento, as recomendacións que contén han de ser consideradas con precaución.

A análise de sangue venosa é unha proba de grande utilidade para establecer o diagnóstico de determinadas enfermedades.
 

 

Este procedemento pretende documentar as accións que se van realizar para diminuír a variabilidade na realización da técnica e mellorar a seguridade do paciente incorporando a mellor evidencia existente. A protocolización da extracción de mostras venosas responde á necesidade de dispoñer documentalmente de pautas de actuación, co fin de proporcionar unha asistencia que evite repetición de extraccións por mostra inadecuada ou por mala identificación das mostras.
 
Diariamente realízanse moitas extraccións de sangue venoso en todos os centros do Servizo Galego de Saúde, tanto de atención primaria como hospitalaria, para a determinación de valores analíticos en sangue venosa con fins diagnósticos ou de control da saúde.
 
A análise de sangue venosa é unha proba de grande utilidade para establecer o diagnóstico de determinadas enfermidades, vai permitir coñecer os niveis de fármacos, a presenza de microorganismos infecciosos, a función de certos órganos... todo isto é importante de cara a establecer un tratamento e uns coidados axeitados ao paciente.
 
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada
 

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde