GALEGO
CASTELLANO
FEMORA
Inicio
Procedementos
Administración de medicación
Biomedidas
Eliminación
Feridas
Nutrición
Probas diagnósticas
Seguridade
Vía respiratoria
Vías, sondas e drenaxes
Vídeos
Procedementos
> Eliminación
> Prevención de ITU asociada a sondaxe vesical - Eliminación
Prevención de ITU asociada a sondaxe vesical
Prevención de ITU asociada a sondaxe vesical
Mantemento da sonda vesical para prevención de ITU asociada a sondaxe vesical.
Realizar hixiene de mans inmediatamente antes e despois de calquera manipulación do catéter
(categoría IA)
.
Manter sempre un sistema de drenaxe pechado
(categoría IB)
.
Manter a bolsa sempre por debaixo do nivel da vexiga
(categoría IB)
.
Non apoiar a bolsa no chan
(categoría IB)
.
Facer hixiene rutineira do meato uretral durante o tempo que dure a sondaxe con auga e xabón
(categoría IB)
.
Débese evitar a limpeza máis frecuente do meato uretral ou a aplicación de pomadas antibacterianas neste
(categoría IB)
.
Lavar a sonda eliminando os restos acumulados sempre en sentido anteroposterior.
Observar periodicamente a permeabilidade da sonda. Manter o fluxo urinario sen obstrución
(categoría IB)
.
Baleirar a bolsa colectora de urina regularmente, sen esperar a que se encha completamente (recoméndase facelo cando chega aos 2/3 da súa capacidade), usar un recipiente limpo de uso exclusivo para cada paciente, evitar salpicaduras e o contacto da espita de drenaxe co recipiente non estéril
(categoría IB)
.
O recipiente limparase tras cada uso seguindo o procedemento de limpeza do centro e as recomendacións de Medicina Preventiva se as houber.
Non se recomenda o cambio rutineiro da sonda ou da bolsa de drenaxe a intervalos fixos
.
Seguir as especificacións do fabricante da sonda. Cambiar só se hai indicación clínica de infección, obstrución, ou cando se ten comprometido o sistema pechado
(categoría II)
.
Fixar e rotar o tubo de drenaxe diariamente. Se precisan mobilizar a sonda debe facerse en sentido xiratorio para evitar adherencias, nunca de dentro para fóra ou viceversa
(categoría IB).
Salvo que se prevexa obstrución (como no caso da cirurxía prostática ou de vexiga) non se recomenda a irrigación vesical, para non alterar o sistema de drenaxe pechado. Se está previsto que poida suceder, recoméndase un sistema pechado de irrigación continua, a través dunha sonda de tres vías
(categoría II)
.
Compartir
Enviar
903 votos
Votar
[903] Votar
Imprimir
Converter a PDF
© Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Atención á cidadanía
Accesibilidade
Aviso legal
Mapa do Portal
Contacte