Para ter en conta. Coidados da vía
0 comentarios
Non se recomenda cambiar o catéter sistematicamente nun prazo de tempo fixo, senón cando este clinicamente indicado.
Para reducir o risco de infección e flebite en adultos, no hai necesidade de remprazar os catéteres periféricos curtos antes de 72-96 horas (Gado de evidencia Ib). E dicir, recoméndase cambialos entre 5-7 días, senón hai causas clínicas.
As causas clínicas que indican a necesidade de cambiar o catéter son:
Dor en punto de inserción
Obstrución que non se resolve con aspiración suave.
Cordón flebítico
Rubor
Calor
Inflamación
Supuración ou exsudado do punto de inserción
Cordón venoso palpable
Extravasación
Dobradura ou formación de cóbados no catéter
Rotura de catéter
Os catéteres inseridos de urxencia ou con dubidosas medidas asépticas deben cambiarse como máximo ás 48 horas de postos (Categoría IB)(4).
Educar o paciente para que ante a aparición de dor ou cambios no sitio de colocación, o notifique rapidamente.