Procedemento:
A. Reservorio non canalizado: procederase previamente á súa canalización segundo o "procedemento de canalización”.
B. Reservorio previamente canalizado:
Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.
Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se lle vai realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcar a súa utilidade, usar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos explicarlles o procedemento aos pais.
Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
Comprobar alerxias do paciente.
Examinar o aspecto da pel.
Colocar máscara (recomendable colocarlle tamén máscara ao paciente).
Realizar hixiene de mans (categoría IA) e colocación de luvas non estériles (categoría IC).
Desinfectar as conexións con clorhexidina fregando enerxicamente durante 15 segundos (no caso de hipersensibilidade á clorhexidina, utilizarase alcohol ao 70%) (categoría IB) deixando secar 1 minuto.
Desclampar o sistema da Gripper/Huber.
Aspirar 5–7 cc para retirar a heparina da selaxe previa.
Clampar e desbotar.
Lavar o catéter con 10 cc de soro fisiolóxico.
Volver clampar.
Heparinizar con 5 ml da disolución de heparina xa preparada (Fibrilín®) ou 5 cc da dilución de heparina ao 1%.
Clampar o sistema exercendo presión positiva mentres se inxectan os últimos 0,5 ml da solución anterior.
Retirar a agulla Gripper/Huber.
Cubrir cun apósito transparente (de elección) ou de gasa estériles (categoría IA).
Desbotar o material.
Retirar a máscara e as luvas.
Hixiene de mans.