A protocolización dos coidados confórmase como instrumento indispensable de soporte para a práctica clínica. Entre as súas numerosas vantaxes cabe destacar a redución na diversidade inapropiada da práctica clínica, o que lles propicia unha atención máis xusta e equitativa aos nosos pacientes. Unifican, así mesmo, criterios de actuación que nos serven de punto de partida para unha avaliación da calidade do proceso asistencial.
A toma da frecuencia cardíaca é unha técnica que se emprega para a valoración xeral dun individuo tanto en atención primaria como en Hospitalaria.
O uso de monitores permítenos controlar as funcións vitais e complementar a función da enfermería. A monitorización non sempre implica gravidade senón a necesidade dun control exhaustivo das funcións vitais.
Algúns estudos realizados en poboacións sas así como en pacientes hipertensos, con cardiopatía isquémica ou con insuficiencia cardíaca, demostran unha asociación entre a FC elevada e un maior risco de mortalidade. Segundo isto, canto maior é a FC, menor é a expectativa de vida.
Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada .
AUTORAS:
- Martínez López M.ª Ángeles, enfermeira, Hospital Público de Monforte. AS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
- Pérez Rodríguez M.ª Teresa, enfermeira, Hospital Público de Monforte. AS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
- Hermida Coto Raquel, enfermeira, Hospital Público de Monforte. AS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
- Vázquez Martínez, Ana Isabel, enfermeira, Hospital Público da Mariña. AS Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.
REVISORAS:
-
Maria Sabater Sánchez, enfermeira, AS A Coruña e Cee.
- Eva Suarez Fontaíña, enfermeira, AS A Coruña e Cee.
- Josefina Amor Cambón, enfermeira, AS A Coruña e Cee.
- Dolores Varela Tomé, enfermeira, AS A Coruña e Cee.
- Ana Mª Meizoso Ameneiro, enfermeira, Área Sanitaria Ferrol.