Procedemento actualizado en 2019
Este procedemento ten como finalidade estandarizar os criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais, na administración de fármacos por vía intradérmica.
Nunha proba diagnóstica a realización dunha técnica incorrecta pode implicar un resultado erróneo.
A escasa vascularización da pel fai que teña unhas características fisiolóxicas que determinan unha lenta absorción dos fármacos, o que xustifica que esta vía sexa utilizada con maior frecuencia para fins diagnósticos que terapéuticos.