0 comentarios comentarios

Procedemento. Aspiración de secrecións vía respiratoria alta

.

​- Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
- Respectar a intimidade do enfermo e gardar a confidencialidade dos seus datos.
- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que debe realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible. Hai que salientar a súa utilidade, utilizar unha linguaxe comprensible e resolver as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos, cómpre explicarlles o procedemento aos pais. Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
- Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
- Comprobar se o paciente ten alerxias.
- Colocar en posición axeitada. Se non está contraindicado:
 
PACIENTE CONSCIENTE:
· Aspiración vía oral: posición semifowler con cabeza ladeada.
· Aspiración vía nasal: semifowler en hiperextensión de 70º.
· Aspiración traqueal: sentado.
PACIENTE INCONSCIENTE: decúbito lateral.
 
- Realizar a hixiene das mans (Categoría IA) (Nivel de evidencia I) e colocar luvas non estériles.
- Dispor o material necesario.
- Comprobar o correcto funcionamento do equipo e da regulación da presión.
- Abrir o paquete estéril da sonda de aspiración e, sen retirala do envoltorio, proceder a conectala ao tubo de aspiración.
- Regular a aspiración á presión negativa apropiada segundo o tipo de paciente:
 
    NEONATOS: 60-80 mm Hg.
    BEBÉS: 80-100 mm Hg.
    NENOS: 100-120 mm Hg.
    ADOLESCENTES/ADULTOS:100-150 mm Hg (Grao B).

 

ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS
- Realizar A hixiene de mans e colocar luvas estériles. (Nivel I).
- Se está indicado, empregar os equipos de protección individual. (Nivel IV)
 
A. ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS NASOFARÍNXEAS
 
- Se o doente está consciente, hai que pedirlle que se asoe e examinar os orificios nasais para comprobar a súa permeabilidade. Convén explicarlle que respire alternativamente por cada un dos orificios mentres bloquea o contralateral. Escolleremos o orificio polo que respire mellor elixiremos o orificio nasal contrario ao lado desviado.
- Lubricar e introducir a sonda suavemente e con determinación, sen aspirar e sen forzar, seguindo a anatomía natural da vía nasal.
- Ocluír o orificio de succión e aspirar de forma intermitente durante 10-15 segundos vai retirando a sonda. (Grao B) con movementos rotatorios suaves á vez que se vai retirando a sonda.
- Se é necesario, repetir o procedemento, para o que se ha deixar descansar o paciente entre aspiración e aspiración e empregarase unha nova sonda estéril por cada aspiración.
 
B. ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS OROFARÍNXEAS
 
- Inspeccionar a cavidade orofarínxea.
- Lubricar a sonda con lubricante hidrosoluble e introducir suavemente e con determinación a sonda na boca e, sen forzar, avanzar o catéter preferiblemente esvarando polo lateral da cavidade cara ás secrecións da farinxe. Aspirar os laterais da boca e a zona da farinxe. De tratarse dun paciente inconsciente, aspirar a través da cánula orofarínxea (Guedell).
 
C. ASPIRACIÓN DE SECRECIÓNS MEDIANTE UNHA CÁNULA DE TRAQUEOTOMÍA
 
- Lubricar e introducir a sonda suavemente a través da cánula de traqueotomía sen superar o extremo da cánula.
- Ocluír o orificio de succión e aspirar de forma intermitente durante 10-15 segundos (Grao B) con movementos rotatorios suaves, á vez que se vai retirando a sonda.
- Repetir o procedemento se é necesario, de maneira que se deixe descansar o paciente 20-30 segundos entre aspiración e aspiración e empregarase unha nova sonda estéril por cada aspiración (3 aspiracións como máximo).
- Desbotar a sonda.
- Despois lavar o tubo conector con con auga estéril para evitar obstrucións e limpar o sistema.
- Sacar as luvas e realizar a hixiene de mans.
- Colocar comodamente o paciente e avaliar o seu estado respiratorio.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio