Para ter en conta. Cambio Cánula traqueotomia

0 comentarios comentarios

Para ter en conta. Cambio Cánula traqueotomia

.

Observacións

  • Se houbese algunha ferida cirúrxica no colo, limpar con soro fisiolóxico, solución antiséptica e cubrir cun apósito. A pel no lugar da traqueotomía ten que permanecer limpa e seca.
  • Antes de desinchar o globo de pneumotaponamento, hai que proceder a aspirar as secrecións (segundo o protocolo) e, se é preciso, a hiperosixenar o paciente. No caso de cánulas fenestradas, débese aspirar coa cánula interna inserida para evitar que a sonda de aspiración saia polo orificio e se o produza taponamento por introdución da mucosa.
  • Introducir a cánula cunha inclinación aproximada de 90º e cunha lixeira hiperextensión do colo.
  • Comprobar que a cánula interna queda suxeita para evitar que sexa expulsada cun golpe de tose.
  • Comprobar a presión do globo co manómetro: a presión non debe superar os 20-25 mm Hg (Nivel de recomendación 1C) (Grao B).
  • Un manguito con presións por encima de 25-35 mm Hg pode comprimir os capilares da mucosa e provocar isquemia e estenose traqueal (Nivel de recomendación 1C) (Grao B).
  • Cambiar a cánula interna a diario e, se é preciso, con maior frecuencia(Nivel de recomendación 1C) (Grao B). Polo xeral, non hai evidencia científica que xustifique o cambio da cánula externa cunha frecuencia determinada (Nivel de recomendación 1C). En todo caso, non se debe exceder o tempo máximo que sinale o fabricante.
  • O primeiro cambio da traqueotomía debe realizarse en presenza de persoal médico, ha de evitarse polo menos ata unha semana despois da creación do estoma e convén ter sempre á man unha cánula de menor calibre polo risco de colapso da vía cutáneo-endotraqual e perda da vía aérea (Nivel de recomendación 1C).
  • Existen cánulas de silicona dunha única peza que se empregan en casos moi concretos e o seu uso limítase ao tempo de realización dunha resonancia magnética e/ou tratamentos de radioterapia.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde