- Aspirar a hipofarinxe antes de efectuar a aspiración endotraqueal ou de mobilizar o paciente ou segundo a dispoñibilidade de uso de tubos traqueais con aspiración subglótica continua.
- Avaliar se o paciente precisa unha segunda aspiración e o procedemento de aspiración non durará máis de 10 segundos. Se é necesario, esperar 20-30 segundos entre aspiración e aspiración.
- Evitar a instilación rutineira de soro salino antes da aspiración de secrecións bronquiais, pois existe a posibilidade de provocar unha maior hipoxemia e de aumentar o risco de pneumonía por mor da introdución de bacterias que poidan estar aloxadas no interior do tubo.
- Evitar a aspiración en caso de epistaxe ou de fístula de líquido cefalorraquídeo.
- Evitar a aspiración tra as comidas.
- Aspirar a vía respiratoria só cando sexa necesario e non por rutina. A aspiración repetida pode danar a mucosa e producir ulceracións e hemorraxias.
- Como preparación previa á aspiración, suxírese subministrarlle osíxeno ao 100 % dos pacientes pediátricos e adultos, cun incremento do 10 % respecto da base para os neonatos. Realizarase 30-60 segundos antes da aspiración, especialmente en pacientes hipoxémicos.
- Recoméndase o emprego de aspiración superficial en vez de profunda, segundo a evidencia proveniente de estudos en lactantes e nenos.
- Entre as complicacións, convén salientar as seguintes: lesións na mucosa, hipoxemia, inestabilidade cardiovascular, bradicardia, arritmias, laringoespasmos, brocoespasmo, malestar, infeccións nosocomiais, microatelectasias ou aumento da presión intracraneal.
- As presións negativas non deben superar os 150 mm Hg, polo risco de causar traumas, hipoxemias ou atlectásias.
- Contraindicacións para o procedemento (condicións do paciente e baixo criterio médico): trastornos hemorráxicos (coagulación intravascular diseminada, trombocitopenia,leucemia), edema ou espasmos larínxeos, varices esofáxicas, cirurxía traqueal, cirurxía gástrica con anastomose alta, infarto de miocardio.
- As vantaxes do sistema de aspiración pechada estarían asociadas a que se dan menos episodios de hipoxemia, a que permite non desconectar o paciente do ventilador durante a aspiración, a que reduce o risco de exposición do persoal a aerosois e a que non afecta a incidencia de pneumonía.