0 comentarios comentarios

Aspiración de secrecións da vía respiratoria alta

A aspiración de secrecións é unha técnica invasiva que se emprega cando o paciente non pode eliminar de forma espontánea ou por outros procedementos menos invasivos estas secrecións e precisa da extracción de secrecións das vías aéreas.

A finalidade deste procedemento é estandarizar os criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais, de xeito que se garanta en todo momento a seguridade e o confort, así como a continuidade asistencial do paciente en todos os niveis asistenciais.


As vías respiratorias teñen ao seu cargo o paso de aire a través delas. Hai que diferenciar entre as vías respiratorias superiores ou altas —formadas pola boca, a farinxe, a larinxe e a traquea— e as vías respiratorias inferiores ou baixas —formadas polos bronquios lobares e segmentarios—.


As obstrucións da vía aérea alta, pola presenza de contido gástrico, de saliva ou doutras secrecións, supón para o paciente unha multitude de problemas, xa que por unha parte se ve afectada a ventilación pulmonar con posibilidade de que se produza hipoxemia, insuficiencia respiratoria e, por outra banda, favorece que se produzan infeccións como a pneumonía.


A aspiración de secrecións é unha técnica invasiva que se emprega cando o paciente non pode eliminar de forma espontánea ou por outros procedementos menos invasivos estas secrecións e precisa da extracción de secrecións das vías aéreas, mediante a introdución dun catéter de aspiración na vía aérea oral e/ou traqueal. (Def. NIC aspiración das vías aéreas).


Este procedemento non está exento de riscos, como son a hipoxemia, hemorraxias, infeccións, laringoespasmos, lesións na mucosa etc., xa que como dixemos anteriormente é unha técnica invasiva.

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde
Galicia o bo cambio