Tuberculina

A proba da tuberculina (PT) pon de manifesto un estado de hipersensibilidade do organismo fronte ás proteínas do bacilo tuberculoso, que se adquire despois dunha infección producida por Mycobacterium tuberculosis.

A PT é o método máis empregado no diagnóstico da infección tuberculosa e é de grande axuda no diagnóstico e no control da tuberculose. Para a súa realización utilízase un derivado proteico purificado (PPD) do lote RT23 obtido a partir de cultivos filtrados de Mycobacterium tuberculosis, polo Instituto Serolóxico de Copenhague. A técnica utilizada no noso medio é a intradermorreacción de Mantoux. A PT baséase no feito de que a infección tuberculosa produce entre a 2ª e 12ª semana postinfección, unha reacción de hipersensibilidade celular retardada a certos antíxenos do Mycobacterium tuberculosis.

A proba da tuberculina debe realizárselle á poboación que presente unha maior probabilidade de infección e que podería beneficiarse dun tratamento ou tamén a aqueles suxeitos nos que se sospeite enfermidade tuberculosa.
 
Preténdese con este procedemento estandarizar os criterios de actuación e reducir a variabilidade clínica coa incorporación das mellores prácticas na actividade asistencial diaria dos profesionais de enfermería na aplicación desta técnica.
 Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada