Procedemento de recollida de orina en nenos

0 comentarios comentarios

Procedemento de recollida de orina en nenos

.

​ Procedemento:

1. Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.

2. Respectar a intimidade do enfermo e gardar confidencialidade dos seus datos.

3. Informar os pais/titores do que se lle vai facer ao neno ou nena, pedíndolle a súa colaboración.

4. Solicitar o seu consentimento de forma verbal dos pais/titores, sempre que sexa posible.

5. Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.

6. Lavar as mans e poñer as luvas.

7. Realizar a limpeza dos xenitais con auga e xabón ou antiséptico tipo clorhexidina e secar a zona con gasas estériles.

8. Colocar a bolsa para a recollida de urina:

  • introducindo dentro o pene, no caso dos nenos.
  • pegada nos labios maiores, de tal forma que a abertura cubra aproximadamente a metade superior dos xenitais, no caso das nenas.
Mostra nenos.JPG 

 

 
9. Aplicar a parte adhesiva sobre a pel, evitando que se formen engurras para que non se escape a urina, e colocando a bolsa cara a baixo.

 

10. Esperar a que o neno ouriñe e retirar a bolsa inmediatamente.

11. Se o neno non ouriña, debe cambiarse a bolsa cada 30 minutos, para evitar contaminacións.

12. Cando se termine, límpase a zona xenital con auga e xabón ou antiséptico tipo clorhexidina e sécase, para evitar irritacións na pel.

13. A bolsa con urina pódese introducir no bote e pechalo, ou recoller una mostra da mesma con xiringa de 20 cc e agulla, picando a bolsa e aspirando contido para logo botalo no bote de recollida.

14. Colocar o paciente comodamente.

15. Quitar as luvas e lavar as mans.

16. Enviar a mostra ao laboratorio ou metela na neveira ata o seu análise.

 

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde