Procedemento. Tuberculina

.

​  Procedemento:

 

-Comprobar a identidade do paciente, segundo o procedemento de aplicación no Servizo Galego de Saúde.
-Respectar a intimidade do enfermo e gardar a confidencialidade dos seus datos.
- Informar o paciente e/ou o coidador principal do procedemento que se ha realizar e solicitarlle a súa colaboración, se é posible, recalcando a súa utilidade, usando unha linguaxe comprensible e resolvendo as súas dúbidas e temores. No caso de pacientes pediátricos, explicarlles o procedemento aos pais. (Grado B)
-Solicitar o seu consentimento de forma verbal, sempre que sexa posible.
-Identificar os profesionais sanitarios que van intervir no procedemento.
-Seguindo os cinco principios da administración do medicamento, verificar o seguinte: fármaco, dose, vía, hora e paciente correcto.
-Comprobar alerxias medicamentosas.
-Comprobar a data de caducidade do fármaco.
-Informar o paciente das actividades que se van realizar, se é posible.
-Hixiene das mans con solución hidroalcohólica (Grao A nivel I) ou lavado hixiénico destas.
-Colocar as luvas non estériles.
-Axitar o envase de tuberculina que non ha de estar sen refrixeración máis de 30 minutos.
-Cargar a xiringa con 0,1 ml de tuberculina PPD RT-23 2ui con técnica aséptica.
-Elixir preferentemente a cara ventral do antebrazo na unión 1/3 superior co 1/3 medio do antebrazo, sempre e cando estea libre de peluxe, tatuaxes, lesións e veas.
-Desinfectar a zona.
-Colocar o brazo nunha zona firme e suxeitar o antebrazo estirando cos dedos polgar e índice a pel deste.
-Introducir a agulla cun ángulo de 10 a 15º co bisel cara arriba seguindo o eixe lonxitudinal do antebrazo, de maneira que se vexa a punta a través da pel (intradérmica), e inxectar lentamente o PPD na derme. Non aspirar. Debe formarse unha pápula esbrancuxada de 5 a 10 mm de diámetro (roncha).
-Retirar suavemente a agulla co mesmo ángulo que se inseriu, sen limpar, comprimir, frotar nin masaxear a zona.
-Desbotar a xiringa no colector axeitado e recoller o material.
-Informar o paciente de que non fregue nin rasque no lugar da punción, de que non empregue cremas con antiinflamatorios ou antibióticos e de que non o cubra con ningún tipo de apósito.

 

-Citar o paciente para a lectura entre as 48-72 horas.