Para ter en conta. ECG

0 comentarios comentarios

Para ter en conta. ECG

Guía para a lectura do ECG:
 
• Ritmo
• Frecuencia cardíaca
    • Medir intervalos (PR,QRS,QT)
    • Analizar ondas (P.QRS,ST,T)
    Eixe eléctrico
  • Mulleres obesas ou con grandes peitos, colocar os eléctrodos debaixo do peito para reducir a alteración da onda R.4
  • Utilización de eléctrodos desbotables para minimizar a propagación de xermes e evitan a aparición de hematomas producidos pola utilización de ventosas. Especial coidado en pacientes illados.
  • Pódese seleccionar ECG manual ou automático. No manual obteremos 3 ou 4 complexos de cada derivación.
  • Se mentres realizamos o ECG vemos que o rexistro está fibrilado, hai un botón no electrocardiógrafo chamado filtro que ao premer deixa ver as derivacións máis claras.
  • Se o que se solicita é unha tira de ritmo, colocar soamente os eléctrodos de extremidades.
  • A correcta interpretación do trazado esixe a ausencia de artefactos, o que se consigue evitando contactos involuntarios con superficies metálicas e solicitándolle ao paciente que, na medida do posible, permaneza inmóbil —sen tusir, falar...— durante a proba.
  • En caso de pacientes con membros amputados ou con presenza de férulas nalgún deles, colocar os eléctrodos na zona máis distal posible.
  • Se o paciente non ten algún membro, colocar o eléctrodo no tronco, o máis cerca posible da extremidade amputada, poñendo na extremidade contralateral á mesma altura.
  • Se o paciente ten tremores incontrolados nas extremidades, colocar os eléctrodos na parte superior destes para mellorar a calidade do rexistro.
  • As derivacións II e V1 son de especial importancia para valorar arritmias e deben rexistrarse polo menos nove complexos QRS.
  • Se o paciente é portador de marcapasos ou desfibrilador, farase constar no rexistro.
  • Se o paciente realizou exercicio ou tomou algún produto estimulante/ excitante pouco antes da proba, pódese alterar o rexistro; de ser o caso, hai que anotalo para a súa consideración na interpretación do resultado.
  • Se se detectase algún dato anómalo no trazado electrocardiográfico, non retirar o equipo e avisar o médico.
  • Convencionalmente, a orde do rexistro é a seguinte:
    1.º Derivacións bipolares das extremidades: DI, DII, DIII.
    2.º Derivacións monopolares das extremidades: AVR, AVL, AVF.
  • A colocación incorrecta das derivacións precordiais pode causar un falso diagnóstico de infarto (nivel IV).
  • O uso excesivo de xel nos sistemas de eléctrodos pode conducir a erro (nivel IV).
  • Os factores que conducen a un mal trazado no rexistro do ECG inclúen: (nivel IV)
    • Interferencia eléctrica
    • Tremor do músculo esquelético
    • Inadecuada preparación da pel
    • Colocación incorrecta do paciente
    • Maior grao de esforzo respiratorio

Comentarios:
Non se realizou ningún comentario
Publica o teu comentario
  •  
  •  
  •  
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde