Recollida de mostras de urina

Protocolización dos coidados proporcionados aos pacientes que precisen recoller unha mostra de urina.  

 

A protocolización dos coidados proporcionados aos pacientes que precisen recoller unha mostra de urina responde á necesidade de dispoñer documentalmente de pautas de coidados avaladas cientificamente para os profesionais que teñen que recoller unha mostra de urina que proporcione unha asistencia eficaz de máxima calidade, baseada en criterios científicos, e reducir a variabilidade asistencial.

Para que o resultado final dunha proba de laboratorio sexa correcto, non basta con que a determinación analítica se realice á perfección, de acordo cos procedementos validados adecuadamente e baixo a supervisión de profesionais experimentados. A calidade da proba depende do cumprimento en cadea de unha boa práctica que comeza desde o momento mesmo da formulación da petición e a preparación do paciente para a extracción ou obtención da mostra e termina cando o resultado chega a mans do profesional que solicitou a proba.

  

Tes mais información sobre o procedemento nos distintos apartados da información asociada